Axenda

- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 8 de marzo, un acto con motivo do Día Internacional da Muller, no que participarán a deputada provincial de Igualdade, Teresa Cerdeira; a presidenta da Comisión de Igualdade da Deputación, Montserrat Lama; a adxunta de dirección da Área de Benestar e membro da Comisión de Igualdade, Montserrat Rodríguez, e alumnos dos colexios San José–Josefinas e Padre Feijóo-Zorelle de Ourense.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da exposición "Hortus Conclusus", de Christian Villamide. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do propio artista. A mostra será inaugurada ás 20.15 horas.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na presentación das actividades organizadas pola Asociación para a Loita contras as Enfermidades Renais (Alcer Ourense) para o "Día Mundial do Ril". O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
Na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense terá lugar mañá mércores, 7 de marzo, a presentación da "Gaita do mes". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; e do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo. No evento actuará Liana Sharifian intérprete de Ney-anban (gaita de Irán).
O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, e o vicepresidente da Federación de entidades de equipamento para a seguridade vial, Sergio Corredor, participan na apertura do Seminario sobre seguridade e equipamento vial que terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 5 de marzo de 2018.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 2 de marzo, a presentación do libro Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, editado pola Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e dos coordinadores do libro, Antonio Rial e Margot Valcarce.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 1 de marzo, a presentación da "ICC Music" 2018. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e dos coordinadores da "Ourense ICC Week", Juan Rivas e Manuel Araujo.
- A embaixadora de Polonia, Marzenna Adamczyk, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitan a exposición In tempore sueborum, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel". SO GRÁFICOS.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a reunión do Comité de Cooperación Deputación de Ourense-Concello de Ourense. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro de 2018.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o comisario da mostra In Tempore Sueborum, Jorge López Quiroga, presentan o balance dos dous primeiros meses da exposición. O acto terá lugar no hall do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel", presentación da exposición de escultura "Penélope. Tecedoras de soños", da artista Ruth Lodeiro. No acto participan o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural, Francisco González, e a artista.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, 20 de febreiro, a sinatura do convenio do "Plan Activamos – Transforma Ourense" 2018 entre a Deputación de Ourense e Abanca. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa; e do director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 16 de febreiro de 2018.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 15 de febreiro, a presentación do Campionato Galego de Piragüismo. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e da concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez e Maribel Rodríguez; do presidente do Club Fluvial Avión, Pedro Andrés García; e do presidente e do delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea e José Manuel Fernández, respectivamente.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará mañá mércores, 7 de febreiro, o Programa Provincial de Entroidos de Ourense 2018. O acto terá lugar no Castelo de Maceda.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 2 de febreiro de 2018.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo, presentarán un avance da Semana das industrias culturais e creativas, "Ourense ICC Week" 2018.
Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do Cros de Ribadavia 2018. O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do presidente e do vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos e Manuel Blanco, respectivamente; do director do Cros de Ribadavia, Lalo Gómez; do responsable do servizo provincial de Deportes da Xunta, Mario Guede; e do alcalde e do concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ignacio Gómez e Ricardo González, respectivamente.