.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro martes, 26 de decembro, a presentación do concerto de Reis da Real Banda de Gaitas da Deputación. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e do bispo de Ourense, Leonardo Lemos. Na presentación actuarán as Cantareiras da Real.
Axenda
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de decembro de 2017.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e o coordinador da actividade, José Domarco, presentarán a XXV edición de Pazolandia, o maior parque de atraccións estacional de Galicia, que organiza anualmente a Deputación de Ourense. O acto terá lugar no Pazo dos Deportes "Paco Paz".
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación de tres publicacións sobre Carlos Casares: Homenaxe a unha Amizade. Carlos Casares; Lethes, (Cadernos culturais do Limia) nº 13 dedicado a Carlos Casares, e O legado dun escritor. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director da editorial Ir Indo, Bieito Ledo; do membro do Centro de Cultura Popular do Limia, Delfín Caseiro, e do director da revista Raigame, Xulio Fernández Senra.
- O Pleno do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra Incendios e de Salvamento reunirase na sala de xuntas do Pazo Provincial. SÓ GRÁFICOS.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, inaugurarán o Foro La Región sobre o proxecto "Raia Termal", rede de cooperación entre Ourense e o Norte de Portugal para potenciar a riqueza termal. No acto tamén participarán a secretaria de Estado de Portugal, Ana Mendes e os representantes das administracións locais nas que se contemplan actuacións no marco deste proxecto.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar participará no acto conmemorativo do 40º aniversario da Confederación Empresarial de Ourense, que terá lugar no salón de actos da Sede Afundación en Ourense (Avda. De Pontevedra, 9).
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral da Escola de Organización Industrial, Adolfo Cazorla, inauguran mañá venres, 15 de decembro, o II Demoday do coworking de Ourense. O acto terá lugar en La Molinera (rúa do Abrevariado, 1).
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, inaugura a exposición In tempore sueborum, a máis importante de Europa sobre o reino suevo. O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do catálogo da exposición In tempore sueborum. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e dos coordinadores do catálogo, Jorge López e Artemio Martínez.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XII edición do Festival Internacional Rebulir. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; da directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez; do alcalde de Ramirás, J. Carlos Rodríguez; e do director artístico do FIR, Alexandre Sotelino.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa nos actos de conmemoración do 52º aniversario do Polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no edificio multiusos da asociación de empresarios. Posteriormente, ás 12.00 horas, terá lugar a plantación da árbore número 52 na "Arboreda do tempo". Intervencións: presidente da asociación de Empresarios do Polígono, Elías Mera; alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández; presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, epresidente do Parlamento, Miguel Santalices.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao martes 12 de decembro de 2017.
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a entrega a Autismo Ourense do recadado nos donativos do ciclo de "Cata a Arte". No acto participarán a deputada provincial, Montserrat Lama; o presidente da D.O. Ribeiro, Juan Casares; o presidente de Autismo Ourense, Virgilio Montes; e o director do Centro Cultural, Francisco González.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación de "Sueña", lema do 7º show benéfico en favor da Asociación Aixiña. O evento, que terá lugar no Teatro Principal, abranguerá actuacións musicais e desfiles de moda. O acto contará coa participación da deputada provincial, Montserrat Lama; das organizadoras do evento, Pamela de Marco e Leticia Celaá; da concelleira de Comercio de Ourense, Flora Moure; e da presidenta de Aixiña, Olga Cuña.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá mércores, 6 de decembro, nos actos do XXXIX aniversario da Constitución Española. O acto terá lugar no Auditorio de Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 5 de decembro, a presentación do programa "EsquiOU". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e do director da Estación Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 4 de decembro, a presentación da exposición In Tempore Sueborum organizada pola Deputación de Ourense sobre o tempo dos suevos na Gallaecia (411-585), o primeiro reino medieval de Occidente. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o comisario da mostra, Jorge López Quiroga.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 1 de decembro de 2017.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asiste á XIV homenaxe a Eduardo Blanco Amor, organizada polo Centro PEN de Galicia, que terá lugar no cemiterio de san Francisco (Ourense) e que contará coa participación de Luis González Tosar, presidente do Centro PEN Galicia, e de alumnos do IES Blanco Amor.