Axenda

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita o colexio Divina Pastora–Franciscanas (rúa Cardeal Quevedo, 27 – Ourense), dentro das actividades que se desenvolven na "5ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación", na que participan 8.700 alumnos e profesores de 66 centros educativos da provincia.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do evento musical "Mood". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do promotor e organizador, Adrián Fragueiro; do promotor de música electrónica, José Luis Arce; do promotor, Francisco Javier Prado; e do artista, Jonathan Míguez.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na reunión da Xunta xeral extraordinaria de MEISA. O acto terá lugar na estación de montaña de Manzaneda.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no Liceo de Ourense no acto de homenaxe a Carlos Casares e ás Institucións Galegas, que organiza o Parlamento de Galicia. No acto tamén participará o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente da Fundación "Carlos Casares", Xabier Casares; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e Hakan Olof Casares, en representación da familia Casares.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 28 de novembro, a presentación da VII andaina solidaria de Nogueira de Ramuín. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde e tenente de alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente e Raúl Soto, respectivamente.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na presentación do ciclo de proxeccións "Cine e Vida" que organiza o Bispado de Ourense. O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
- Alumnos do Colexio "María Auxiliadora" de Ourense protagonizan un pleno infantil no Pazo Provincial dentro das actividades da 5ª "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.
A Deputación de Ourense celebra mañá sábado, 25 de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, a súa Xornada de Portas Abertas, con motivo da 5ª edición da "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación" que organiza o goberno provincial. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizará a primeira visita da xornada, que terá lugar ás 10.00 horas no Pazo Provincial.
- O xurado do XXXVI Premio "Eduardo Blanco Amor" de novela longa reúnese para ditaminar a obra gañadora desta edición. Sala de xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel". CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
.- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de novembro de 2017.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 23 de novembro, a presentación da 5ª Semana Escolar da Provincia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da coordinadora da actividade, Llerena Perozo; e do autor do libro manual desta edición De Entroido pola ourensanía, Alberto Ramos.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá martes, 21 de novembro, no acto de entrega dos V "Premios de Investigación" Colexio de Economistas de Ourense – Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense. O acto terá lugar na Aula Magna "José Ángel Valente" da facultade.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal; e o director de Contact Comunicación, César González, presentan a Plataforma Dixital ExportOU e o Programa de Dixitalización para a Internacionalización de empresas da provincia de Ourense. O acto terá lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Praza das Damas, 1 de Ourense.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do catálogo da exposición "Carlos Velo. A volta a Cartelle. Fotografías, 1967". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; da presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leite, e dos padroeiros, Miguel Anxo Fernández e Antonio Piñeiro.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "BTT Trevinca". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde da Veiga, Juan Anta; e do presidente do Club Deportivo Tres Lunas, David Álvarez Núñez.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na xornada de presentación do proxecto "Gerês Xurés Dinámico", que ten como obxectivo a dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês - Xurés. O acto terá lugar no Pazo de Vilamarín.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 17 de novembro de 2017.
- Sesión extraordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Corporación Provincial, tendo como puntos da orde do día o debate sobre o estado da provincia de Ourense, correspondente ao ano 2017, e a aprobación, se procede, de propostas de resolución formuladas polos grupos.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 14 de novembro, a presentación do libro "Escola e Real Banda de Gaitas 1985 - 2016". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e do xornalista, José Luís Blanco Campaña.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal, presentan no marco do Plan ExportOU, de apoio á internacionalización das empresas ourensás, o Servizo Integral de Reforzo Exportador. No acto, que contará con técnicos do programa SIRE, entregaranse tamén os diplomas aos xóvenes profesionais que completaron a formación en comercio exterior do Servizo de Primeira Exportación.