Axenda

Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da fase de ascenso a 1ª División Nacional de Balonmán. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o delegado da Federación Galega de Balonmán, José Manuel Pérez Otero; o concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ricardo González; e representantes do club "Carnes do Ribeiro".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinan os convenios entre ámbalas dúas institucións relativos á colaboración para actividades de difusión cultural no Campus de Ourense, e o programa de mobilidade "Bolsas Ourense Exterior". O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do traballo discográfico "Ribeira Sacra", de Luar na Lubre, e do concerto que o grupo ofrecerá en Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do líder de "Luar na Lubre", Bieto Romero; do presidente da Coral de Ruada, Samuel Lago e do músico Félix Castro.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da XVII edición da Romaría Etnográfica Raigame. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde e do técnico de Cultura do Concello de Celanova, José Luis Ferro e Antonio Piñeiro, respectivamente.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o acto de clausura da exposición In Tempore Sueborum. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do comisario da mostra, Jorge López; do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; do director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra; do bispo de Ourense, Leonardo Lemos; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e do conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez. No acto estréase o documental In Tempore Sueborum.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de maio de 2018.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XI andaina solidaria de Paderne de Allariz a favor da AECC. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández; da presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Solveira, María del Carmen Pérez; e da presidenta da Asociación Española contra o Cancro Ourense, Dora Gómez.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do Cursos de Extensión Universitaria do Campus de Ourense deste curso académico. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e do vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto de entrega do XXVIII Premio de Xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", que terá lugar no salón de plenos da institución provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurará o vindeiro mércores, 2 de maio, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", o Marco das industrias culturais e creativas "Ourense ICC Week" 2018. O acto de apertura contará tamén coa participación da fotógrafa e deseñadora, Ouka Leele; o artista e axitador cultura, Paco Clavel; o documentalista e comisario cultural, Juan Sánchez; a deseñadora gráfica e motion grapher ourensá, María Grande, e o deseñador gráfico, Javier Mariscal. Posteriormente, ás 21.00 horas, terá lugar a actuación do grupo musical Morgan, no Teatro Principal.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co presidente e o vicepresidente da Asociación Galega de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, José Manuel Martínez e David Saavedra, presenta a Congreso internacional de drons, que se celebrará en Ourense.
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de abril de 2018.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 55ª edición da Feira do Viño do Ribeiro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da concelleira de Cultura de Ribadavia, María López Touza; e do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación das Olimpíadas de Mus. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do presidente da Asociación Cultural Museiros de Ourense, Antonio Losada; do representante da organización das Olimpíadas de Mus, Ramón Bouzo; e da licenciada en Turismo, Maria Sacó.
Na Sala de Xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 24 de abril, a reunión do xurado do XXVIII premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", para ditaminar o traballo gañador do certame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.
- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, recollerá en Madrid o Premio "Ciudades Inteligentes", que concede a Asociación Premios Ciudadanos á Deputación de Ourense polo proxecto "Provincia Intelixente". Previamente a este acto, ás 18.10 horas, o director de Transparencia da Deputación, Fernando Suárez, participará como relator na xornada multimedia "La Era Digital", na que presentará o proxecto polo que o ente provincial foi galardoado. O acto terá lugar no Salón de Actos da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e Axenda Dixital (rúa Poeta Joan Maragall, 41, Madrid).
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 20 de abril de 2018.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 17 de abril, a presentación da II Ruta ciclista de BTT de Coles. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Coles, Manuel Rodríguez; e do representante do Club Ciclista Anacrónicos, Victor Arias.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta en Braga (Portugal), xunto ao presidente da Cámara Municipal de Braga, Ricardo Rio, a exposición In Tempore Sueborum. O acto terá lugar no museo D. Diogo de Sousa (rúa dos Bombeiros Voluntários s/n), ás 16.00 horas (15.00 horas en Portugal).
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 13 de abril de 2018.