Axenda

- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 13 de abril, a presentación das actividades deportivas do "Xurés Experiences" 2018 da comarca da Baixa Limia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e dos alcaldes de Muíños, Lobios, Entrimo, Lobeira e Bande.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 11 de abril, a presentación do Campionato Galego de Inverno K2/C2. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da tenente de alcalde de Coles, Susana Rodríguez; do presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; e do presidente de Piragüismo Fluvial Allariz, José Manuel Fernández.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, 10 de abril, a presentación da programación completa da "Ourense ICC Week" 2018. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e dos coordinadores da "Ourense ICC Week", Juan Rivas e Manuel Araujo.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside mañá venres, 6 de abril, no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", o acto de entrega dos V Premios "Estatuto de Autonomía de Galicia" de debuxo e redacción escolar, que convoca a Deputación de Ourense.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 27 de marzo, a presentación da proba cicloturista "Ourense Strade Termal". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do exciclista, Óscar Pereiro; dos alcaldes de Lobios e Muíños, María del Carmen Yáñez e Plácido Álvarez; do director xerente de Caldaria, Javier Soto; e do xerente de Mitsubishi-TAR, Juan López.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de marzo de 2018.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá xoves, 22 de marzo, na celebración dos días da Auga, da Árbore e da Poesía que terá lugar na "Insua dos Poetas", na Esgueva, Madarnás (O Carballiño). No acto participarán 250 alumnos dos centros públicos e privados da comarca do Carballiño.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do VII Torneo Internacional "Ourense a provincia termal" de Ximnasia Rítmica. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e da presidenta do Club Marusia, Pili Cobelas.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita o CEIP Padre Crespo, de Xunqueira de Ambía, con motivo das actividades incluídas na cuarta edición da "Semana Escolar da Árbore e da Auga", que organiza a Deputación de Ourense, e na que participan máis de dez mil escolares da provincia de Ourense.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a inauguración da exposición "Still Life" (foto fixa), da artista Sesé Santiso. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e da propia artista.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 19 de marzo, a presentación da 4ª "Semana Escolar da Árbore e da Auga", unha actividade organizada pola Deputación de Ourense para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga, que teñen lugar o 21 e 22 de marzo. Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual A invención do salgueiro en Ourensanía. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor do libro, Xosé Antonio Perozo; e do director xeral de Viaqua, Julio Armando Masid.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro Agua, Dioses y Ciudad. Excavaciones arqueológicas en As Burgas (2005-2010), editado pola Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e dos autores da publicación, Jose Mª Eguileta e Celso Rodríguez Cao.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 16 de marzo de 2018.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 16 de marzo, a presentación de "Xeovivenda Ourense". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente da Asociación de Construtores de Ourense, Eligio Nieto; e do xerente da Fundación Laboral da Construción de Galicia, Fernando García.
Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 15 de marzo, a presentación do nº 3 da revista "A Bugalla". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e do director do grupo "Queixumes dos Pinos", José Antonio Viñas.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do proxecto de dinamización do Centro de Interpretación de Aquae Querquennae-Vía Nova. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e do alcalde de Bande, José Antonio Armada.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente de Suzuki, Juan López Frade; e os pilotos do equipo de Rallyes, Javier Pardo e Adrián Pérez, presentarán mañá mércores, 14 de marzo, o equipo de rallyes Suzuki. O acto terá lugar no Balneario de Laias.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá en San Pedro de Rocas, ao alumnado do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia que visitan a Ribeira Sacra, no marco do programa de difusión do patrimonio natural e arquitectónico-artístico para alumnos da E.S.O., "Coñece Ourense", que desenvolve a Deputación de Ourense.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación do videoclip "Este Vaise", do grupo Mílson´s, que promove a candidatura da Ribeira Sacra a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O acto terá lugar no Castelo de Castro Caldelas.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, as instalacións do Centro Interxeneracional de Ourense (R/ Ramón Abellás, s/n. Barrio A Farixa).