Axenda

O Salón de Plenos da Deputación de Ourense acolle un pleno escolar no que participan alumnos de Primaria do CEIP A Ponte, que serán recibidos polo presidente da Deputación, Manuel Baltar.
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, presentan os Cursos de Verán 2017, que organiza o Campus de Ourense co apoio da Deputación de Ourense.
No Teatro Principal de Ourense terá lugar a presentación do documental "Contando a Carlos Casares". No acto participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o autor do documental, Gonzalo Veloso; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación "Carlos Casares", Xavier Casares.
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 19 de maio, a presentación da terceira edición da Andaina do Concello de Rairiz de Veiga. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; e da alcaldesa e do tenente de alcalde de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade e Jose Antonio Cao, respectivamente.
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da XIV edición do Certamen de Artes Plásticas da Deputación. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do director do Centro Cultural, Francisco González.
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 18 de maio, a presentación do Torneo de Fútbol 8 "Ourense provincia termal". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director xeral do Torneo, Javier Caldas "Butra"; do presidente da Escola Deportiva de Ourense, Manuel Meiriño; e do concelleiro de Deportes de Ourense e Xefe do servizo de Deportes da Xunta, Mario Guede.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do XI Día Termal da Chavasqueira 2017. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente e do secretario da Asociación de Veciños A Chavasqueira, Amancio Rodríguez e Manuel Pérez, respectivamente; e do concelleiro de promoción económica de Ourense, Jorge Pumar.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá mércores, 17 de maio, na Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia, no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas 2017, dedicado este ano ao escritor ourensán Carlos Casares.
No Xardín das Burgas tera lugar mañá martes, 16 de maio, a lectura da "Declaración de Ourense", que recolle as conclusións do encontro politico de Partenalia. No acto participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente de Partenalia, Javier Moliner.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no Encontro político de Partenalia, que terá lugar no Pazo de Vilamarín. Ás 12.15 horas: chegada e foto de familia. Ás 12.30 horas (SÓ GRÁFICOS, ao inicio do acto), presentación de relatorios sobre: Sustentabilidade, a cargo de David Levine, presidente da American Sustainable Business Council; Medio ambiente, Robert F. Kennedy, presidente de Waterkeeper Alliance, e Transparencia, Juan Manuel de Roa, presidente de Transparencia Pública.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 12 de maio, a presentación do "Ourense Termal Athletics Meeting" 2017. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Área de Planificación da Universidade de Vigo do Campus de Ourense, José María Faílde; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; do coordinador do evento, Lalo Gómez; e do presidente e da directora técnica da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos e María Dolores González, respectivamente.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da Copa Deputación de Kickboxing 2017 no Concello de Taboadela. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do campión de Galicia de kickboxing, Rubén Batán; do alcalde e do concelleiro de Deportes de Taboadela, Manuel Gallego e Jose Antonio Paz, respectivamente.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 12 de maio de 2017.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 11 de maio, a presentación da décima edición da Andaina Solidaria do Concello de Paderne de Allariz. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e do tenente de alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández e José Abad, respectivamente; da presidenta e do colaborador da Asociación de Mulleres Rurais de Solveira, María del Carmen Pérez e Máximo Hevia, respectivamente; e da tesoureira da Asociación Española contra o Cancro en Ourense, Odila González.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XVI edición da Romaría Etnográfica Raigame. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e do técnico de Cultura do Concello de Celanova, José Luis Ferro e Antonio Piñeiro, respectivamente; e da directora do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo", Mariló Fernández.
No Pazo dos Deportes "Paco Paz" terá lugar a presentación da Fase de Ascenso 1ª División Nacional de Balonmán. O acto contará coa participación do deputado provincial, Manuel Doval; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez; do presidente da ADC Ribeiro, José Luis Sánchez; do alcalde de Ribadavia, Jose Ignacio Gómez; e do adestrador do equipo, David Vázquez.
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 10 de maio, a presentación da VIII "Ruta dos Castros" do Concello de Cualedro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Cualedro, Luciano Rivero; da presidenta da Asociación de Senderismo Ruta das Augas, Amaya Álvarez; e do colaborador do Concello de Cualedro, Eduardo Castro.
No entorno termal de Outariz terá lugar a presentación da cuarta edición da carreira "Desafío 42 - Ourense Termal". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González; do director de "Desafío 42", Serafín Martínez; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; do tenente de alcalde de Pereiro de Aguiar, Manuel Doval; do alcalde de Coles, Manuel Rodríguez; e representantes de entidades e empresas que apoian este evento deportivo.
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "Semana Escolar das Letras Galegas". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da coordinadora da actividade, Llerena Perozo; e da autora da antoloxía que se entregará nesta Semana, Mercedes Pacheco.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "Parroira Bike" de A Merca. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernandez; do concelleiro de Deportes da Merca, José Manuel Taín; do tesoureiro e do vogal da Agrupación Ciclista Doureiros, Rubén Alvarez e Alberto Taín, respectivamente.