Axenda

O deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, asistirá ao acto literario "Vixencia de Eduardo Blanco Amor, no 120 aniversario do seu nacemento", que organiza o Liceo de Ourense e o Centro-Pen Galicia. No acto, que terá lugar na sala de Tertulia do Liceo de Ourense, participarán Maribel Outeiriño, Afonso V. Monxardín, Luís González Tosar e un grupo do alumnos do I.E.S. Blanco Amor de Ourense.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá mércores, 13 de setembro, no curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, onde ofrecerá, nunha mesa redonda na que tamén participarán os presidentes das Deputacións de Xaén e Barcelona, a súa visión dos gobernos provinciais como cooperadores para o desenvolvemento dos pequenos e medianos municipios, así como as experiencias de éxito e os proxectos de innovación tecnolóxica, transparencia, internacionalización, promoción turística e participación cidadá, desenvolvidos pola Deputación nos plans "Ourense 92" e "Ourense 15-19". O curso "O futuro da administración local e o papel dos gobernos locais intermedios" rematará mañá no Palacio da Magdalena, en Santander.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 12 de setembro, a presentación do 33º "Día da Bici". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz; do representante do Grupo "La Región", Carlos Barbosa; e do presidente da fundación Ado Moure, Carlos Moure.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 11 de setembro, a presentación da 7ª andaina do Señor do Larouco. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Cualedro, Luciano Rivero; da presidenta da Asociación de Senderismo Ruta das Augas, Amaya Álvarez; e do colaborador do Concello de Cualedro, Eduardo Castro.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 8 de setembro de 2017.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 8 de setembro, a presentación do seminario "As paisaxes culturais da montaña galega". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde da Veiga, Juan Anta; da directora da Escola Galega de Paisaxe Juana de Vega, Isabel Aguirre; e do profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Valerià Paül.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IV edición das "Xornadas de Astrotrevinca". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde da Veiga, Juan Anta; e do organizador das xornadas, Óscar Blanco.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 7 de setembro, a presentación da mostra de cinema Euroárabe "Amal en ruta". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente do grupo Araguaney, Ghaleb Jaber Ibrahim; e do presidente da Fundación Araguaney e director de Amal, Ghaleb Jaber Martínez.
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a entrega de premios e inauguración da exposición cos traballos seleccionados no XIV "Certame de Artes Plásticas" da Deputación de Ourense para artistas menores de 30 anos. No acto participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, os artistas premiados e os integrantes do xurado.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 6 de setembro, a presentación do Torneo "Octopus Hockey Festival" 2017. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do vicepresidente, do vogal e do secretario do Club Deportivo Open, Alberto Estévez, Francisco Masid e Javier Valencia, respectivamente.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará en Celanova no acto de entrega do XXXIII Premio "Casa dos Poetas". Os actos comezarán ás 11.00 horas cunha recepción na Casa do Concello. Ás 11.30 horas, haberá unha ofrenda floral diante do monumento a Celso Emilio Ferreiro, e ás 12.00 horas, terá lugar o acto de entrega do premio, na Casa dos Poetas.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistirá á VIII Festa do Cordeiro, que se celebra mañá sábado, 2 de setembro, no recinto do colexio público de Celeiros, en Chandrexa de Queixa.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 1 de setembro de 2017.
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 1 de setembro, a presentación da exposición e do catálogo "Prado", do pintor Vítor Mejuto. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; da comisaria da mostra, Mónica Maneiro; e do artista.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XI edición do "Festival Arteficial". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente e dos membros da asociación Arteficial, Rafa Otero, Manuel Araujo e Nuria Álvarez, respectivamente.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 24 de agosto, a presentación do musical "Keltia". O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; os protagonistas do musical, Bruxo Queiman e Andrea Pousa; e do presidente da Asociación coordinadora da Festa da Istoria de Ribadavia, Miguel García.
-Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 16 de agosto, a presentación do III Festival "A Noite dos metelos" de A Peroxa. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do alcalde de A Peroxa, Manuel Seoane; e de empresarios organizadores do evento.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación de "1809 A Batalla – 1ª festa histórica de Pazos de Arenteiro" de Boborás. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e de Sustinea, Paulo Vázquez.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do 2º RallyMix do Concello de Piñor. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do alcalde de Piñor, José Luis González; do presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; do presidente da Escudaría MixRallyeSports e director da proba, Ignacio J. Davila; e do xefe de seguridade da proba, Cándido Carrera.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da III edición da Carreira e Andaina popular Trevinca – A Veiga. O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do alcalde de A Veiga, Juan Anta; do director técnico da Delegación de Valdeorras (DGA Valdeorras), Agustín González; do delegado da Federación Galega de Atletismo (FGA), Manuel Rodríguez; e dos representantes da Plataforma de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica, Rosa María García e Víctor Loira.