Axenda
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, preside o acto de entrega da Medalla de Ouro da Provincia de Ourense aos integrantes do grupo de rock Los Suaves, no Salón de Plenos do Pazo Provincial. No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” habilitarase un espazo para que as persoas que o desexen poidan seguir a retransmisión do acto.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 6 de outubro de 2017.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá xoves, 5 de outubro, na III Conferencia de presidentes provinciais, que se celebra no Alcázar de Segovia. Neste cumio de máximos dirixentes provinciais, que tivo a súa orixe en Ourense en 2014, participan 21 representantes de gobernos locais intermedios, e na sesión inaugural de mañá xoves Manuel Baltar analizará xunto aos presidentes de Valencia, Cáceres, e Palencia e o Ministerio de Facenda os ámbitos da fiscalidade e orzamentos. A Conferencia de presidentes provinciais ten como obxectivo debater e coordinar experiencias de xestión e explorar liñas de cooperación entre administracións.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 4 de outubro, a presentación da IV andaina do "Viño de Monterrei". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; do responsable de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno; do representante da Cooperativa Xeitura, Manuel Gallego; e do responsable de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación dos "Concertos da Ourensanía" da Coral de Ruada. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o presidente e vicepresidente da Coral de Ruada, Samuel Lago e Emilio Rodríguez, respectivamente.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, presidirá o vindeiro luns, 2 de outubro, a apertura do curso da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, nas instalacións que a Escola ten na rúa Doutor Marañón.
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de setembro de 2017.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 25 de setembro, a presentación do curso oficial de piloto de drons en situacións de emerxencia. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra Incendios e de Salvamento, Pablo Pérez; e do CEO de Aerocámaras, Jaime Pereira.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 22 de setembro, a presentación da II Marcha BTT do Concello de Cualedro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Cualedro, Luciano Rivero; do representante do Club BTT Verín, Pablo Larrayoz; do colaborador do Concello de Cualedro, Marcos Meno; e do responsable de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 22 de setembro de 2017.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, realizará unha valoración da evolución do Programa Provincial de Termalismo Social desde o ano 2013 ata a actualidade. O acto terá lugar no stand da Deputación de Ourense na Feira de Termatalia 2017, en Expourense.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá xoves, 21 de setembro, na presentación do 6º Rallye Ourense – Ribeira Sacra. O acto terá lugar na rúa Cruz Vermella de Ourense, xunto aos Xardíns do Padre Feijoo.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro Quintela de Mazaira, de Olegario Sotelo Blanco. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega; e do autor do libro.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación dos resultados das accións promocionais da provincia de Ourense levadas a cabo polo Inorde na "Vuelta" 2017. O acto terá lugar no stand "Ourense a provincia termal", na feira Termatalia, en Expourense. Posteriormente, ás 12.30 horas, Manuel Baltar participará na inauguración de Termatalia 2017.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 20 de setembro, a presentación de "Coñecendo o noso patrimonio", un programa de visitas guiadas gratuítas a lugares de interese do Concello de Oímbra. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e da alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino.
".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 18 de setembro, a presentación da 31ª edición do "Anuario da Gaita". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval: e do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do Trail Ribeira Sacra. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente; do presidente do Club Grupo Cuevas, Diego Novelle; e do director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 15 de setembro de 2017.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 14 de setembro, a presentación da "Romaría da Saínza" 2017. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; da colaboradora da Romaría, Ana Belén Míguez; e da asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez e Jose Antonio Cao.