.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará mañá xoves, 1 de decembro, na XIV Xornada de Homenaxe a Eduardo Blanco Amor que terá lugar no Cemiterio de San Francisco, en Ourense. O acto tamén participará o presidente do Pen Galicia, Luis González Tosar; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez Abad; a mantedora do acto, Malores Villanueva; e alumnos do IES Blanco Amor.
Axenda
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá xoves, 1 de decembro, na presentación do número 6 da "Revista Larouco" que terá lugar no Salón de Actos do Centro de Interpretación e Museo da Vía Nova Romana, en Portoquintela (Bande). No acto tamén participará o presidente da Fundación Aquae Querquennae Vía Nova, Luis Fernando Quiroga; e o director da Revista do Grupo Arqueolóxico Larouco e vicepresidente da Fundación, Antonio Rodríguez Colmenero.
.- No Liceo de Ourense terá lugar mañá xoves, 1 de decembro, o acto de entrega do XXXV Premio de Novela Longa "Eduardo Blanco Amor", no que participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o escritor premiado, Miguel Anxo Fernández; a secretaria do xurado, Ánxela Rodríguez; o presidente do PEN Galicia, Luis González Tosar; e o profesor, Afonso Vázquez Monxardin.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a reunión do Comité de Cooperación Deputación de Ourense-Concello de Ourense, presidida polo presidente da institución provincial, Manuel Baltar, e polo alcalde da capital, Jesús Vázquez.
.- A Deputación de Ourense celebra mañá sábado, 26 de novembro, a súa Xornada de Portas Abertas, con motivo da celebración da 4ª edición da "Semana Escolar da Provincia e a túa Deputación" que organiza o goberno provincial. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizará a primeira visita da xornada.
.- O xurado do XXXV premio "Eduardo Blanco Amor" de novela longa dará a coñecer o seu ditame. O acto, que contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 24 de novembro, a presentación da VI Andaina solidaria do Concello de Nogueira de Ramuín. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da presidenta da AECC de Ourense, María Isidora Gómez; do acalde e do tenente de alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín, José César Parente e Raúl Soto, respectivamente.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá martes, 22 de novembro, na entrega do IV "Premios de Investigación" Colexio de Economistas de Ourense – Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, que terá lugar na Aula Magna "José Ángel Valente", na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá o vindeiro luns, 21 de novembro, no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a rapaces e rapazas do colexio "Pablo VI-Fátima" do Concello da Rúa, que realizarán un pleno infantil no que debaterán sobre o medio ambiente e o patrimonio natural da provincia de Ourense, lema da 4ª edición da "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación".
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 18 de novembro, a presentación do videoclip "A Cidade". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; do vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; dos directores do videoclip, Marcos Nine e Otto Roca; do músico, Magín Blanco; e da responsable do colectivo "Re.creo", Marta Somoza.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá venres, 18 de novembro, na mesa de debate sobre "O papel dos Gobernos Intermedios no Estado das Autonomías", no marco da "2ª Conferencia de presidentes de gobernos provinciais", que se celebra en Badaxoz.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 18 de novembro de 2016.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 15 de novembro, a presentación da 4ª "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da coordinadora da campaña, Llerena Perozo; e da coautora do libro-manual, María Lado.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 10 de novembro de 2016.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 7 de novembro, a presentación da XI edición do concurso internacional de "Tempranillos ao Mundo". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente nacional de enólogos, Santiago Jordi; do presidente da Asociación Galega de Enólogos, Luis Buitrón; e o director da Estación de Viticultura e Enoloxía, Juan Casares.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Concello de Xunqueira de Espadañedo, Carlos Gómez, inaugurarán mañá sábado, 5 de novembro, o Museo Taller de Olería de Niñodaguía (O Campo 1 – Niñodaguia) no municipio de Xunqueira de Espadañedo.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de novembro de 2016.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 3 de novembro, a presentación do Rally "Ourense Ribeira Sacra" 2016. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; do alcalde de Maceda, Rubén Quintas; do tenente de alcalde de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto; do presidente da Escudaría Luintra, Roberto Soto, e do presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá xoves no acto de lembranza á figura do galeguista ourensán Rodolfo Prada Chamochín, que terá lugar na sede do Consorcio dos Peares. O acto contará tamén coa participación do escritor e xurado do Premio Ourensanía, Luis González Tosar; do presidente da Asociación Cultural "Rodolfo Prada Chamochín", e do concelleiro da Peroxa José Manuel Rodríguez Feijoo.
.- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de outubro de 2016.