Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de agosto de 2017.
Axenda
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 11 de agosto, a presentación da XXVIII edición da "Festa da vendima" de Leiro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde e do concelleiro de Cultura de Leiro, Francisco José Fernández e Ramón Álvarez, respectivamente.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 10 de agosto, a presentación da "Concentración de coches antigos – 2ª Ruta de Mosteiros e Castelos", de Xunqueira de Ambía. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da organizadora do evento, Beatriz Crespo; e do alcalde e tenente de alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes e Fran Nogueiras, respectivamente.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 8 de agosto, a presentación da VIII edición da "Feira de Artesanía e do Porco Celta" de Cortegada. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde e da concelleira de Cultura de Cortegada, Avelino Luis de Francisco e Begoña Estévez, respectivamente.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 7 de agosto de 2017.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibirá o vindeiro luns, 7 de agosto, a rapaces que están a participar no "Campamento Urbano" de Amencer, que no marco das súas actividades celebrarán o "Día do Parlamento" cun Pleno Infantil no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará o domingo, 6 de agosto, na presentación do libro La casa de Monterrey: de señorío gallego a grandeza de España de Agustín Diéguez Delgado. O acto terá lugar no Castelo de Monterrei.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistirá o domingo, 6 de agosto, á celebración da XX edición da Feira do Pemento de Oímbra, festa declarada de Interese Turístico de Galicia. O evento gastronómico terá lugar na carballeira situada ao carón da Casa do Concello.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 4 de agosto, a presentación da XIII edición da "Festa Mexicana" de Avión. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Avión, Antonio Montero; e da responsable de Cultura do Concello de Avión, Isabel Gabián Lorenzo.
- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 3 de agosto, a presentación da X edición do Festival das Artes Escénicas de Riós. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Festival, Rubén Riós; da concelleira de Riós, Eva María Barrio; e dos premios Castaña de Cristal, Andrea Pousa e Bruxo Queiman.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 1 de agosto, a presentación do Festival Blues&Wine de Castrelo de Miño. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do XXVIII Festival de Teatro Galego (Fetega). O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da directora do festival, Josi Lage; do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; do director de Agadic, Jacobo Sutil, e de actores dos grupos de teatro participantes.
No Mosteiro de Montederramo terá lugar a presentación do Plan Director do Mosteiro de Santa María de Montederramo, acto que contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; do bispo de Ourense, Leonardo Lemos, e do alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xullo de 2017.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da XX Feira do Pemento de Oímbra. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e da alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participarán no acto de inauguración da Estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ourense, que terá lugar nestas instalacións, situadas na estrada OU-401, Ourense-Cortegada, km. 3 (coordenadas GPS decimal: 42.349001, -7.904291).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e o director comercial de Caixa Rural Galega, José Manuel González, presentarán o libro dos Bolechas titulado As miñas primeiras Letras Galegas, dedicado a Carlos Casares. O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 21 de xullo de 2017.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Certame celtibérico de bandas de gaitas 2017. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez; o director de Nova Oca Manzaneda, Gustavo Sanmartín, e o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo.