Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 29 de xuño, a presentación da XXVI edición da Festa do "Pan de Cea". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e do presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Pan de Cea", Carlos Rodríguez.
Axenda
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 23 de xuño de 2017.
No balneario de Lobios terá lugar mañá venres, 23 de xuño, a reunión constitutiva da xunta directiva do proxecto "Raia Termal". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Confederación hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e os presidentes das cámaras municipais de Melgaço e Terras do Bouro, Manoel Bautista e Joaquim Cracel.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o acto de entrega de bolsas a deportistas, que concede anualmente a Deputación de Ourense, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do Himno da Federación Galega de Atletismo. Participarán o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e o compositor do himno, Xosé Lois Foxo. O acto contará coa participación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e da Coral de Ruada.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IX Marcha BTT do Concello de Monterrei. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; do responsable de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno; e do representante do Club BTT Verín, Pablo Larrayoz.
.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, 20 de xuño, a inauguración do I Congreso Red Localis. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; do vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; do director do grupo de investigación Gen, Santiago Lago, e da codirectora da Red Localis, Concepción Campos.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o presidente da Cámara Municipal de Montalegre, Orlando Alves, inaugurarán a xornada de presentación do Proxecto CRinMA. O acto terá lugar no Balneario de Laias. Convocatoria só para gráficos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor da Universidade de Vigo Andrés Mazaira, presentan un informe do Observatorio Económico Ourensán referido á ocupación laboral. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 16 de xuño, a presentación do libro "Polos camiños de Avión", de Xesús Antonio Guliás Lamas. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do alcalde de Avión, Antonio Montero; e do autor.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 14 de xuño, a presentación do"Día da Montaña Galega". O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do alcalde da Veiga, Juan Anta; e do presidente do Club de Montaña O Trisquel de Trevinca, Antonio Fernández.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación de "Chandrexa Trail". O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do concelleiro de Deportes de Chandrexa de Queixa, Bernardino Rodríguez; e do director da carreira, Diego Martínez.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 13 de xuño, a presentación do espectáculo "Afiando con humor", de Sergio Pazos. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do actor, Sergio Pazos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá hoxe luns, 12 de xuño, ao equipo de fútbol sala feminino "Ourense Envialia", que vén de gañar título da Copa de España. O acto terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director da Fundación "Democracia e Goberno Local", Ramón Camp, inauguran a VI Xornada sobre as deputacións do futuro, que nesta edición tratará o tema "Transparencia e protección de datos no ámbito local". A xornada desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, clausura a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao das Viñas. O acto terá lugar na sede da asociación (rúa Ricardo Martín Esperanza s/n, edificio Multiusos, Polígono de San Cibrao).
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 8 de xuño, a reunión do xurado do Premio "Otero Pedrayo 2016" que avaliará as candidaturas presentadas ao certame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 8 de xuño de 2017.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 5 de xuño, a presentación da XXXII Xuntanza Internacional de Gaiteiros. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e dos alcaldes do Bolo e de Monterrei, Manuel Corzo e José Luis Suárez, respectivamente.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación das actividades deportivas "Xurés Experiences" da comarca da Baixa Limia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e dos alcaldes de Muíños, Lobios, Entrimo, Lobeira e Bande.