Axenda

- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "Vespa history". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente, tesoureiro e vogais do Club Vespa Lambretta Ourense, Julio Quintas, Camilo Vila, Rubén Amorín e Alberto Oliveira, respectivamente.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará a xornada sobre "Transparencia e protección de datos no ámbito local", que se celebrará o vindeiro 9 de xuño, organizada pola Deputación de Ourense e a Fundación "Democracia e Goberno Local".
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 2 de xuño de 2017.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 31 de maio, a presentación da I BTT Solidaria do Concello de Boborás. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; da tenente de alcalde de Boborás, Patricia Torres; e da presidenta da AECC de Ourense, Dora Gómez.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará xunto ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, e o presidente do Consorcio Provincial de Incendios e Salvamento de Ourense, Pablo Pérez, na inauguración do parque de bombeiros do Carballiño.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na entrega de diplomas do curso 2016-2017 do Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Ourense. O acto aberto ao público terá lugar no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel". Posteriormente, Germán Díaz ofrecerá unha conferencia/concerto sobre a zanfoña na Península Ibérica, e os alumnos do obradoiro presentarán unha mostra dos traballos feitos neste curso.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 31 de maio, a presentación da I Semana Vitivinícola de Galicia. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad; e do director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan M. Casares.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do 4º RallyMix da Gudiña. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde da Gudiña, José María Lago; e do director deportivo de HC Competición, Antonio Pérez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 9ª edición da "Parroira Bike" da Merca. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Deportes da Merca, José Manuel Tain; do presidente e do vogal da Agrupación Ciclista Doureiros, Alberto Tain e José Ribo, respectivamente.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de maio de 2017.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 25 de maio de 2017.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da andaina en favor da Asociación de Fibromialxia, Fatiga crónica e Sensibilidade química múltiple de Ourense (AFFOU). No acto participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e da presidenta de AFFOU, Marina Añel.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará os proxectos europeos do Programa POCTEC.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 24 de maio, a presentación do campamento "Explora Ourense 2017". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; e do representante de Sustinea, Paulo Vázquez.
O Salón de Plenos da Deputación de Ourense acolle un pleno escolar no que participan alumnos de Primaria do CEIP A Ponte, que serán recibidos polo presidente da Deputación, Manuel Baltar.
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, presentan os Cursos de Verán 2017, que organiza o Campus de Ourense co apoio da Deputación de Ourense.
No Teatro Principal de Ourense terá lugar a presentación do documental "Contando a Carlos Casares". No acto participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o autor do documental, Gonzalo Veloso; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación "Carlos Casares", Xavier Casares.
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 19 de maio, a presentación da terceira edición da Andaina do Concello de Rairiz de Veiga. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; e da alcaldesa e do tenente de alcalde de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade e Jose Antonio Cao, respectivamente.
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da XIV edición do Certamen de Artes Plásticas da Deputación. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do director do Centro Cultural, Francisco González.
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 18 de maio, a presentación do Torneo de Fútbol 8 "Ourense provincia termal". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director xeral do Torneo, Javier Caldas "Butra"; do presidente da Escola Deportiva de Ourense, Manuel Meiriño; e do concelleiro de Deportes de Ourense e Xefe do servizo de Deportes da Xunta, Mario Guede.